Eudoxo de Cnidos
Matemático, médico, astrónomo e filósofo grego. Estudiou matemáticas con Arquites en Tarento, medicina con Filistio en Sicilia, astronomía en Heliópolis (Exipto) e filosofía na escola de Platón en Atenas. Fixo observacións astronómicas en Heliópole (381 a C) e dedicouse ao ensino en Atenas (365 a C). Desenvolveu a teoría planetaria de Platón e supuxo que cada planeta era como unha esfera, todas concéntricas, cunha Terra esférica no centro. Estableceu un mapa de estrelas e a duración do ano en 365 días e 6 horas. Creou un método para medir áreas e desenvolveu unha teoría do segmento áureo. No eido da filosofía desenvolveu unha teoría sobre a participación das cousas coas ideas. Afirmou que as propiedades dos corpos son a consecuencia dunha mestura de substancias coas ideas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cnidos -
Deceso