Eugenia

Eugenia
[PLANTA]

Xénero de arbustos ou de pequenas árbores tropicais da familia das mirtáceas, que engloba unhas 600 especies tropicais de follas perennes, opostas e coriáceas, de flores xeralmente brancas e de froitos bacciformes. Algunhas cultívanse para aproveitar o froito e outras son apreciadas como plantas de xardín.