Eugenio Granell, Fundación

Eugenio Granell, Fundación

Entidade fundada en 1995 en Santiago de Compostela polo pintor Eugenio F. Granell e o concello da cidade. Ten a súa sede no pazo de Bendaña e está dirixida por Natalia Fernández Segarra, filla do pintor. Os seus obxectivos son a difusión, o fomento e o estudo da obra de E. Granell e do surrealismo e as correntes afíns. Conta cun museo que acolle unha colección de obras do artista e da súa colección particular de obras surrealistas, unha colección de arte étnica relacionada co interese dos surrealistas pola investigación antropolóxica, unha colección de arte ritual afrocubana e a colección de Philip West, formada polas obras doadas por este. Conta cun departamento pedagóxico e cun departamento de cultura. A biblioteca fórmana os fondos doados por Granell, referentes á arte, ao surrealismo, á literatura e libros sobre a guerra civil, e os procedentes da doazón de P. West.

Palabras veciñas

Eugene | Eugene, Frank Smith | Eugenia | Eugenio Granell, Fundación | Euglena | euglenófito -ta | euhalobio -bia