Euloxio/Euloxia
Euloxio/Euloxia
[ONOM]
Antropónimo de orixe grega Eulogios, que inicialmente tiña o significado de ‘que fala ben’ ou ‘de quen se fala ben’. Entre os cristiáns, sen embargo, o grego ε ὐ λογέω ‘falar ben, gabar’ traduciu o hebreo barak ‘bendicir’ e Eulogios colleu o significado de ‘bendito’. Presenta o hipocorístico Locho. Destaca con este nome santo Euloxio de Córdoba (800-859?); Euloxio e Augurio, diáconos de san Froitoso, son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VI). A súa festividade celébrase o 9 de xaneiro, pero antes da reforma litúrxica establecida polo Concilio Vaticano II (1969) celebrábase o 11 de marzo.