eunuco
(< lat eunūchu < grεὐνοῦχος)
-
s
m
[PAT]
Home privado de órganos xenitais externos por ablación cirúrxica, traumática ou patolóxica, ou por automutilación. Se un home se converte nun eunuco antes da pubertade, prodúcese un paro no desenvolvemento xenital e no dos caracteres sexuais secundarios; este feito produce un conxunto de anomalías psicolóxicas, metabólicas e morfoxenéticas, como a distribución feminina do pelo e da graxa, a voz de falsete e o crecemento óseo. No caso de que teña lugar despois da pubertade, prodúcese unha regresión dos caracteres sexuais secundarios, un debilitamento da actividade e da forza e unha diminución da conduta sexual activa. Nalgúns pobos da Antigüidade existían eunucos dedicados ao culto de divindades, como Cibeles. Nas cortes orientais, os eunucos estaban encargados da garda do harén e da educación dos infantes reais. Nos ss XVII-XIX había cantantes castrados.
-
eunuco completo
[PAT]
Individuo con ablación total do pene e dos testículos.
-
eunuco hipofisiario
[PAT]
Individuo que se volve estéril e impotente por disfunción da hipófise.
-
eunuco imperfecto
[PAT]
Individuo privado só dos testículos.