eunucoidismo

eunucoidismo

(

s m [PAT]

Síndrome producida por unha deficiencia na actividade endócrina das glándulas sexuais. As alteracións morfolóxicas e funcionais son: un grande aumento da estatura, cranio pequeno, mans longas, deficiente desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios e infantilismo psíquico. No home, voz de neno, distribución tipicamente feminina do tecido adiposo e pouco desenvolvemento dos órganos xenitais. Na muller, o esqueleto ten a forma masculina, os peitos están pouco desenvolvidos e son frecuentes os trastornos menstruais.

Palabras veciñas

eunícido -da | eunuco | eunucoide | eunucoidismo | Euonymus | Eupalino de Megara | eupatorio -ria