Euplotes

Euplotes
[PROTISTA]

Xénero de protozoos ciliados e reptantes que presentan un número de cirros e estrutura celular característicos e se alimentan de bacterias floculantes. Algunhas das especies máis comúns son E. aediculatus, propia de augas doces; E. affinis, típica dos reactores de fangos activados; E. harpa, que habita augas con elevada salinidade; e E. patella, típica das augas doces.

Palabras veciñas

Euplectes | euploide | euploidía | Euplotes | Éupolis | Euproctus | EUR