EUR
EUR
Nome científico:
[ital: Esposizione Universale di Roma]
Barrio do S de Roma que empezou a ser construído en 1938 para albergar a exposición do ano 1942, e non se realizou por mor da Segunda Guerra Mundial. As obras retomáronse en 1951. Ademais dunha zona residencial, acolle a sede de diversos organismos privados e públicos, entre outros, o Palazzo dei Congressi, o Museo Nazionale delle Arti e delle Tradizioni Popolari, o Museo della Civiltà Romana e o Palazzo dello Sport.