Eurico

Eurico

Rei visigodo (466-484). Accedeu ao trono tralo asasinato do seu irmán Teodorico II. Rompeu a alianza entre os visigodos e o Imperio Romano e ampliou o territorio do reino. No 468, tralo enfrontamento co rei suevo Remismundo, fíxose co control de case toda a Península Ibérica, agás os territorios suevos da antiga provincia de Gallaecia. No 475, o Emperador Xulio Nepote recoñeceu a súa soberanía sobre a Galia desde o río Loira á Provenza e sobre a Península Ibérica. Foi o primeiro que estableceu un código de leis, o código de Eurico, que rexía unicamente os visigodos.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Arles