Eurídice
Eurídice
[MIT]
Dríade, esposa de Orfeo. Segundo a lenda virxiliana, cando fuxía de Aristeo, que a tentaba violar, foi mordida por unha serpe. Como consecuencia do veleno, non tardou en falecer, e Orfeo, desesperado pola súa perda, descendeu aos infernos na súa procura. Logo de conmover as divindades infernais cos seus cantos, puido recuperala e levala consigo, coa condición de non tentar mirala antes do amencer. Pero cando xa estaban a piques de abandonar o inferno, o esposo namorado non foi quen de resistir a tentación, e virouse para ollala. De súpeto, unha forza estraña arrastrou de novo a Eurídice aos infernos e Orfeo tivo que volver só á Terra.