Euritmia
Euritmia
[ESPECT]
Movemento artístico a medio camiño entre a ximnasia e a danza creado por Emile Jaques-Dalcroze. Esta desenvolveu un método no que estableceu novas relacións entre música e movemento, e creou unha especie de solfexo corporal que tivo especial importancia na promoción da expresión rítmica e no desenvolvemento das artes escénicas, xa que permitiu incorporar o corpo e o movemento como novos elementos significantes nunha creación teatral moi dependente da palabra.