Euston Road, escola de

Euston Road, escola de

Grupo de pintores reunidos arredor da School of Drawing and Painting creada en Euston Road (Londres) en 1937 por Claude Rogers, Victor Pasmore, William Coldstream e Graham Bell. A súa estética caracterizouse polo interese de recuperación do naturalismo partindo dos estilos abstractos e esotéricos. Cultivaron a figuración cunha pincelada e cores suaves. Como grupo mantivéronse ata 1939, pero con este nome incluíronse as obras realizadas nun estilo semellante ás orixinarias. Trala paréntese da Segunda Guerra Mundial, a escola continuou coas súas ensinanzas.

Palabras veciñas

eustático -ca | eustatismo | eustilo | Euston Road, escola de | eutanasia | eutanásico -ca | Eutarico Ciliga