eutanasia

eutanasia

(

  1. s f [MED]

    Morte natural sen agonía.

  2. s f [MED]

    Conxúnto de métodos que teñen como finalidade provocar unha morte sen sufrimento a enfermos terminais, ben por pedimento destes, ben por consideracións externas a eles contempladas dentro das diferentes lexislacións. Contémplanse dous tipos de eutanasia, a activa, onde a morte se provoca por acción, empregando determinados medios, xeralmente drogas, que aceleren ou produzan a morte; e a pasiva, provocada por omisión, ao non administrar, ou deixar de administrar, os medios necesarios que impidan a morte.