euxenesia

euxenesia

(< euxénese)

s f [MED]

Rama da medicina que estudia os factores socialmente controlables que poden aumentar ou diminuír as calidades raciais das xeracións futuras, tanto no aspecto físico como no psíquico. F. Galton pódese considerar o fundador da euxenesia; na súa obra principal Hereditary Genius (1869) considera o problema do melloramento da poboación como unha cuestión de orde biolóxica e intenta demostrar que as aptitudes se conservan a través das xeracións. En 1945 apareceu unha corrente de humanismo científico que se preguntaba se era posible controlar dalgunha maneira o sentido da evolución da raza; concluíuse que é un problema no que intervén a xenética, a socioloxía, a psicoloxía, a pedagoxía, a economía, a medicina e a ética. Actualmente, a euxenesia desapareceu como ciencia independente.