Evans, John

Evans, John

Arqueólogo, numismático e anticuario inglés. Fundador da arqueoloxía prehistórica no Reino Unido, afirmou en 1859 que o xénero humano tiña unha antigüidade maior que os 6.000 anos mantidos ata a súa época. Baseouse na existencia nun mesmo estrato de instrumentos de factura humana e ósos de animais extintos e opúxose á cronoloxía ofrecida pola Biblia. Entre as súas obras destacan The coins of the ancient Britons (Moedas dos antigos britanos, 1864) e Instrumentos antigos de pedra, armas e ornamentos de Gran Bretaña e o Bronce Antigo (1881). Foi distinguido co título de sir.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Britwell Court, Buckinghamshire

  • Deceso

    Lugar : Berkhampstead, Hertfordshire