Evaristo santo

Evaristo santo

(Belén 97 -? 105) Papa (97-105). Fillo dunha familia xudía, padeceu martirio na persecución de Traxano. Dividiu a cidade de Roma en parroquias ante o número crecente de cristiáns e instituíu as sete primeiras diaconías que orixinaron o Colexio Cardinalicio. Na iconografía viste de pontifical ou cunha simple túnica e palio do seu tempo; e leva como atributos: a espada (símbolo do seu martirio), e ás veces un presebe. A súa festa celébrase o día 26 de outubro.

Palabras veciñas

evaporita | evapotranspiración | Evaristo | Evaristo santo | Evasio, santo | evasión | evasiva