evasión
evasión
(< lat evasĭōne)
-
s
f
Acción de evadir ou evadirse.
-
s
f
[DER]
Fuxida dun preso ou un condenado do establecemento penal no que estaba recluído.
-
s
f
[ECON]
Saída ilegal de diñeiro ou doutros activos líquidos dun país cara a outro.
Frases feitas
-
De evasión loc adx Aplícase ás obras de creación que teñen como único obxectivo entreter e evitan temas referentes a problemas sociais.