evasión

evasión

(< lat evasĭōne)

  1. s f

    Acción de evadir ou evadirse.

  2. s f [DER]

    Fuxida dun preso ou un condenado do establecemento penal no que estaba recluído.

  3. s f [ECON]

    Saída ilegal de diñeiro ou doutros activos líquidos dun país cara a outro.

Frases feitas

  • De evasión loc adx Aplícase ás obras de creación que teñen como único obxectivo entreter e evitan temas referentes a problemas sociais.