Evatt, Herbert Vere
Evatt, Herbert Vere
Político australiano. Formado en leis na Universidade de Sidney, afiliouse ao Partido Laborista en 1925 e foi elixido deputado ao Parlamento de Nova Gales do Sur. En 1940 representou o seu estado no Parlamento Federal australiano e foi ministro de Asuntos Exteriores (1946-1949). Cabeza da delegación australiana na Conferencia de Paz de París de 1946, foi presidente da ONU (1948-1949), e despois, da Comisión da ONU para Palestina e para a enerxía atómica. En 1951 converteuse en líder do Partido Laborista ata 1960, ano en que se retirou da vida política e foi nomeado xefe de xustiza de Nova Gales do Sur.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : East Maitland -
Deceso
Lugar : Camberra