evección

evección

(< lat evectĭōne)

s f [ASTRON]

Desigualdade periódica dos valores medidos da lonxitude astronómica das distintas posicións da Lúa, respecto aos seus valores teóricos. O período é de 31,807 días, e a amplitude de 1° 16’ 20,4”. A evección débese aos desprazamentos do perixeo da órbita lunar e ás variacións da súa excentricidade causadas pola atracción solar.

Palabras veciñas

evaxinable | evaxinación | evaxinar | evección | evemerismo | evemerista | Evemero de Messene