evemerismo
(< antropónimo Evemero deMessene)
Sistema filosófico relixioso iniciado por Evemero de Messene que considera os personaxes mitolóxicos e as divindades como seres humanos idealizados polos pobos. Foi difundido no mundo romano por Q. Ennio e pouco despois Platón de Biblos, Beroso, Diodoro de Sicilia e Luciano aplicáronllelo ás divindades orientais. Santo Agostiño, Lactancio e Arnabio utilizárono para demostrar a futilidade do paganismo. No s XVIII, o abade A. Banier na súa obra Explication historique des fables, ou l’on decouvre leur origine & leur conformité avec l’histoire ancienne (Explicación histórica das fábulas, descubrimentos das súas orixes e a súa conformidade coa historia antiga, 1715) aplicoullo á historia da antiga Grecia. Desde comezos do s XIX a súa influencia circunscribiuse ao eido da mitoloxía aplicada.