Évreux

Évreux

Capital do departamento de Eure, Haute-Normandie, Francia, na marxe esquerda do río Sena (51.198 h [1997]). Gracias á descentralización industrial de París converteuse nun centro da industria química, téxtil e de maquinaria. Os romanos denominárona Mediolanum e na Idade Media recibiu o nome de Ebroicum. Destruída en 1119 por Enrique I de Inglaterra, foi novamente destruída en 1793, cando a cidade apoiou o partido xirondino, e tamén durante a Segunda Guerra Mundial, xa que foi a sede dunha importante gornición. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral de Notre-Dame (s XIII), aínda que decorada con vidreiras do s XV, a torre do reloxo do s XIV e a igrexa da abadía de Saint Taurin (ss XI a XV).