2 ex-

2 ex-

(

  1. pref

    Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras, indicando separación ou afastamento temporal ou espacial, co significado de ‘fóra de’ ou ‘máis alá’.

    Ex: excarcerar, excéntrico, expatriación, extraer.

  2. pref

    Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘negación’ ou ‘privación’.

    Ex: exánime, exculpar.

  3. pref

    Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘intensidade’ ou ‘encarecemento’.

    Ex: exacerbar, extorsionar. OBS: A grafía x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

ex professo* | ex situ* | 1 ex- | 2 ex- | exabrupto | exabyte* | exacción