2 ex-
2 ex-
(
-
pref
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras, indicando separación ou afastamento temporal ou espacial, co significado de ‘fóra de’ ou ‘máis alá’.
Ex: excarcerar, excéntrico, expatriación, extraer.
-
pref
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘negación’ ou ‘privación’.
Ex: exánime, exculpar.
-
pref
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘intensidade’ ou ‘encarecemento’.
Ex: exacerbar, extorsionar. OBS: A grafía x> representa o son [ks].