ex situ*
ex situ*
loc adv
[BIOL]
Expresión latina que significa ‘fóra do lugar’ e que, no ámbito da bioloxía, alude á conservación de recursos xenéticos fóra do seu hábitat natural, como bancos xenéticos, zoolóxicos ou botánicos. Esta estratexia asúmese cando existe un risco inminente de extinción dalgunha especie, a imposibilidade económica e técnica do país para levar a cabo plans individuais de acción co fin de recuperar as especies ameazadas no seu ambiente natural e a falla de recursos económicos para desenvolver programas de conservación. Debe considerarse como unha situación transitoria para lograr a recuperación do número de individuos silvestres e a diversidade xenética que lles permita á poboación e á especie ser viables.