Exacto Correo de España en La Coruña, El
Publicación de carácter monárquico-absolutista aparecida na Coruña en novembro de 1810. Cesou probablemente o 22 de maio de 1815 por prohibición real. Na súa primeira época (ata marzo de 1811) dirixiuno frei Juan Chacón, e nel predominou un carácter marcadamente antiliberal. Imprimiuse nos talleres de Francisco C. Pérez Prieto. Na súa segunda época (dende o 2 de abril de 1811) editouno frei Juan Chacón e frei Nicolás de Castro, e dirixiuno frei Manuel Martínez. Inicialmente, saía dos obradoiros tipográficos de Pérez Prieto e, dende xullo de 1811, dos de Antonio Rodríguez; logo contou con imprenta propia. En xaneiro de 1812 modificou a súa cabeceira e pasou a titularse El Exacto Diario; posteriormente, volveu cambiala pola de Exacto Diario en La Coruña. Dende o 3 de novembro de 1814 publicou un suplemento titulado El Postillón del Exacto Correo. Foi substituído polo Diario Exacto de España en La Coruña.