Excelsior
Excelsior
Diario de información xeral fundado en México o 18 de marzo de 1917 por Rafael Alducín. Inicialmente, organizouse como unha sociedade anónima, pero a partir de 1938 pasou a réxime de cooperativa. Trátase dunha das publicacións máis influentes e destacadas do país. Nos anos oitenta formou parte do grupo de diarios a escala mundial que publicaron o suplemento Un solo mundo, coordinado pola ONU, e en que se defendía o diálogo cos países do Terceiro Mundo e os acordos Norte-Sur.