exceso

exceso

(

  1. s m
    1. Cantidade de algo que excede o límite do normal, establecido ou necesario.

      Ex: Eses medicamentos teñen un exceso de conservantes.

    2. Diferencia pola que unha cousa é maior cá outra.

      Ex: Hai un exceso de máis dun metro entre as dúas columnas.

  2. s m

    Feito de traspasar o límite do normal, establecido ou necesario.

    Ex: Tivo un accidente polo exceso de velocidade.

  3. s m

    Acción que supera o límite do conveniente ou razonable.

    Ex: Malia a rigorosa dieta, na voda cometeu un exceso e comeu marisco. OBS: Normalmente úsase en plural. Ex: O seu corpo está pagando os excesos da vida que levou.

  4. s m

    Acción que supón un delito ou un abuso da lei.

    Ex: Cometer aquel exceso supúxolle a perda do poder. OBS: Normalmente úsase en plural. Ex: Naquela época cometéronse moitos excesos no goberno.

Frases feitas

  • En exceso loc adv Máis do necesario.

Palabras veciñas

exceptuable | exceptuar | excesivo -va | exceso | exchequer* | excipiente | excípulo