exchequer*
exchequer*
s
m
Departamento de administración das finanzas públicas do Reino Unido. Introducido en Inglaterra por Enrique I en 1106, ten as súas orixes no tribunal de finanzas da Curia Regis normanda. Era responsable da recadación das rendas reais por medio do alto exchequer, que se encargaba das contas, e do baixo exchequer, que se ocupaba da recadación dos impostos. Desde o s XIII configurouse como un organismo xudicial encargado dos contenciosos co tesouro real e a partir do s XVIII converteuse no ministerio de Finanzas baixo a dirección do chancellor of the Exchequer.