exclaustración
(< exclaustrar)
-
s
f
-
[DER]
Facultade concedida pola Santa Se ou polo ordinario correspondente a un membro dunha orde relixiosa de vivir fóra da vida comunitaria. A diferenza da secularización, é temporal e non exime dos votos relixiosos nin da comuñón coa orde respectiva.
-
Tempo que dura o abandono dun claustro por parte dun relixioso.
-
[DER]
-
s
f
[HIST]
Supresión das ordes relixiosas nun país, ordenada polo poder político. Seguindo a política de secularización da Revolución Francesa, Xosé I proclamou un decreto de exclaustración en 1808. A restauración do réxime constitucional en 1820 comportou novamente medidas secularizadoras, entre outras desterráronse os xesuítas, pecháronse as casas relixiosas con menos de 24 profesos e os seus bens foron confiscados. Despois da matanza de frades de xullo de 1834 e da queima de conventos de 1835, as leis de 1836 e 1837 suprimiron todas as casas relixiosas masculinas, agás os escolapios e algúns hospitaleiros, e algunhas femininas, e confiscáronse os seus bens. O patrimonio arquitectónico viuse afectado por estas medidas. Abandonáronse mosteiros e igrexas que acabaron nun estado ruinoso, como San Domingos de Pontevedra, outros reempregáronse con outros fins, como o convento de Conxo, utilizado como hospital psiquiátrico, e San Francisco de Noia que funcionou como cárcere, mentres algúns foron destruídos. Ademais, a documentación e os fondos dos arquivos e bibliotecas sufriron unha censura que levou á destrución dalgúns deles mentres que outros pasaron a depender do Estado.