exclusión

exclusión

(< exclusĭōne)

  1. s f

    Acción de excluír ou excluírse.

  2. s f [MED]

    Intervención cirúrxica que consiste en illar un órgano, ou fragmento de órgano, sen extirpalo do organismo.

  3. s f [DEP]

    Sanción disciplinaria que se aplica a un xogador como castigo pola comisión dunha falta contra a regulamentación ou pola acumulación de amoestacións por infraccións reiteradas, e que implica a súa retirada do partido durante un período determinado, transcorrido o cal pode reincorporarse.

  4. principio de exclusión [FÍS]

    Principio segundo o cal nun átomo non pode haber dous electróns no mesmo estado cuántico. Foi enunciado por Paulli en 1925 e explica o espectro óptico e de raios X dos diferentes átomos e a ordenación dos elementos na táboa periódica.

Palabras veciñas

exclaustración | exclaustrar | excluír | exclusión | exclusiva | exclusive | exclusividade