exclusiva

exclusiva

(< exclusivo)

  1. s f
    1. Privilexio ou autorización pola que se permite que unha persoa física ou xurídica sexa a única que poida desenvolver unha actividade.

    2. Dereito exclusivo de venda ou explotación de algo.

      Ex: Esa empresa ten a exclusiva da venda do seu produto nese país.

    3. Información difundida unicamente por unha entidade.

      Ex: Esta semana sae nesa revista a exclusiva da voda.

  2. s f

    Produto que comercializa unha única firma.

    Ex: Ese perfume é outra exclusiva destes grandes almacéns.

Palabras veciñas

exclaustrar | excluír | exclusión | exclusiva | exclusive | exclusividade | exclusivismo