exclusiva
exclusiva
(< exclusivo)
-
s
f
-
Privilexio ou autorización pola que se permite que unha persoa física ou xurídica sexa a única que poida desenvolver unha actividade.
-
Dereito exclusivo de venda ou explotación de algo.
Ex: Esa empresa ten a exclusiva da venda do seu produto nese país.
-
Información difundida unicamente por unha entidade.
Ex: Esta semana sae nesa revista a exclusiva da voda.
-
-
s
f
Produto que comercializa unha única firma.
Ex: Ese perfume é outra exclusiva destes grandes almacéns.