exemplo
exemplo
(< lat exemplu)
-
s
m
-
Cousa ou feito que se pon como modelo do que se pretende imitar ou evitar.
Ex: Aquel accidente serviulle como exemplo para non correr máis.
-
Persoa ou cousa considerada como obxecto de imitación polas súas altas calidades ou características.
Ex: Esa rapaza é un exemplo de laboriosidade.
-
-
s
m
-
Individuo ou elemento que serve de mostra dunha clase ou categoría determinada á que pertence.
Ex: Este cadro é un exemplo da pintura contemporánea.
-
Cousa que se cita como ilustración ou explicación de algo.
Ex: A conferencia sería máis amena se puxese máis exemplos.
-
Frases feitas
-
Por exemplo loc adv Expresión coa que se presenta un caso concreto que serve como explicación.