exento -ta

exento -ta

(< lat exemptu)

  1. p irreg

    de eximir ou eximirse.

  2. adx
    1. Que está libre dunha obriga, carga ou coidado.

      Ex: Está exento do servicio militar.

    2. Falto ou desprovisto de algo.

      Ex: Vivía nunha casa exenta de luxos e comodidades.

  3. adx

    Que non está sometido á xurisdición ordinaria.

  4. adx [ARQUIT/ESCULT]
    1. Aplícase á escultura en tres dimensións e de vulto redondo.

    2. Aplícase ao edificio descuberto por todos os seus lados.

    3. Aplícase á columna que non está pegada a ningunha parte dun edificio ou dun muro. OBS: A grafía x representa o son [ks].

Palabras veciñas

exemplo | exemplum* | exención | exento -ta | Exeo | exeo -a | Exeo, illas do