exeo -a

exeo -a

(< lat aegaeu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao Mar Exeo, ás súas illas ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante das illas do Exeo.

  3. civilización exea [HIST]

    Conxunto de culturas que se desenvolveron nas costas e nas illas do Mar Exeo durante a Idade do Bronce (2700 a C-1100 a C), e que precederon a civilización grega. Comprende a cultura minoica de Creta; a cultura heládico-micénica no Peloponeso, a Grecia continental e as costas de Asia Menor; a cultura tesalia na Tesalia; e a cultura cicládica nas Illas Cícladas.

Palabras veciñas

exención | exento -ta | Exeo | exeo -a | Exeo, illas do | Exeo, Mar | exequatur*