Exército Federal de Galicia

Exército Federal de Galicia

Nome que lle outorgaron á institución militar galega os republicanos federalistas que se sublevaron en Ferrol o 11 de outubro de 1872. Na sublevación participaron arredor de 1.500 soldados e oficiais da mariña xunto a outras 1.000 persoas, fundamentalmente traballadores e gardas do estaleiro, obreiros doutras fábricas e os profesionais liberais republicanos da cidade, liderados polo brigadier Pozas, autoproclamado comandante xeneral, e polo capitán de fragata retirado, Montojo. O seu obxectivo era proclamar a república federal. Oito días despois, o levantamento foi sufocado e perseguidos e condenados os seus líderes.

Palabras veciñas

exercitante | exercitar | exército | Exército Federal de Galicia | Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive | Exército Vermello | exérese