exfoliación
(< exfoliar)
-
s
f
Acción e efecto de exfoliar ou exfoliarse.
-
s
f
[XEOL]
Capacidade ou tendencia que teñen as rochas de romperse con máis facilidade ao longo duns planos paralelos ou radioconcéntricos. Un exemplo moi claro de rocha de gran fino con exfoliación notable é o da lousa, con distancias entre as diferentes superficies planas duns 0,25 cm. Nas rochas de gran máis groso denomínase esquistosidade á tendencia a exfoliarse a partir de superficies case paralelas. A exfoliación das rochas favorécese por unha disposición determinada das partículas minerais, relacionada coas superficies paralelas, formadas mecanicamente. Os minerais máis típicos son os da familia das micas, cunha exfoliación moi marcada, que facilita a exfoliación das rochas que as conteñen. Outros tipos de exfoliación prodúcense nas rochas cristalinas, a causa da meteorización en clima húmido.
-
s
f
[IND]
Defecto que presentan certas pezas metálicas que se caracteriza polo feito de desfacerse en láminas. Débese á presenza de dobras superficiais que non chegan a soldarse.
-
s
f
[FÍS]
Propiedade que teñen certos cristais de romper en superficies paralelas a unha cara cristalina posible. Segundo o grao de exfoliación, denomínase perfecta, boa, clara e non clara. A exfoliación reflicte a estrutura interna, xa que os enlaces estruturais non teñen a mesma forza nos diferentes planos.
-
s
f
[PAT]
-
Eliminación, en forma de pequenas láminas, de anacos de tecido necrótico.
-
Destrución das capas superficiais da epiderme. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-