exotérico -ca

exotérico -ca

(< lat exoterĭcu < grἐσωτερικός)

  1. adx [FILOS]
    1. Aplícase ao corpo doutrinal que os filósofos da Antigüidade manifestaban publicamente. Este termo foi usado por Aristóteles para referirse aos seus escritos ou argumentos, ou quizais aos doutros, moi coñecidos ou populares. Os comentaristas posteriores distinguiron entre as obras exotéricas claras para os non especialistas, sobre todo en forma de diálogo, e que se conservan en pequenos fragmentos, e as obras máis difíciles -chamadas, ás veces, esotéricas- que ían destinadas aos seus propios discípulos.

    2. Aplícabase, na Antigüidade, aos discípulos que esperaban ser instruídos nos aspectos máis accesibles dunha doutrina filosófica.

  2. adx

    Que se pode manifestar en público.

  3. adx

    Que é accesible á maioría da xente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

exosporio | exostose | exotecio | exotérico -ca | exotérmico -ca | exótico -ca | exotismo