exotismo
exotismo
(< exótico)
-
s
m
Calidade ou carácter de exótico.
-
s
m
Gusto polo exótico.
-
exotismo musical
[MÚS]
Técnica de composición musical que aspira a reproducir trazos modais, rítmicos ou melódicos da música de orixe non europea. Empregouse, sen unha base musicolóxica, a finais dos ss XVII e XVIII para facer máis variados os espectáculos musicais. Un tipo célebre foi a música turca, obtida con címbalos e triángulos. A fins do s XIX, os estudios musicolóxicos permitiron imitacións máis fieis. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].