expandir
(
-
v t
Facer que algo, especialmente un fluído, aumente de volume ou se dilate.
Ex: A calor expandiu o gas contido no globo e acabou por estoupar.
-
v t
Facer que algo se estenda e ocupe máis espacio.
Ex: O incendio non cesaba porque o vento expandía o lume. Expandiron a zona de lecer cara ó sur da cidade.
Sinónimos: espallar, estender. -
v t
Facer que algo chegue a máis xente ou a máis lugares.
Ex: Expandiron as axudas a todas as familias numerosas. O líder dese partido expandiu as súas ideas por todo o país.
Sinónimos: espallar, estender. -
v pron
Aumentar de volume algo, especialmente un fluído.
Ex: Os gases, ó aumentar de temperatura, expándense.
-
v pron
Ir a máis ou ocupar algo máis espacio.
Ex: O deserto expándese a moita velocidade. A poboación do campo expandiuse cara ás cidades.
-
v pron
Chegar algo a máis xente ou a máis lugares.
Ex: En pouco tempo a nova expandiuse pola vila.
-
v pron
Desafogarse alguén expresando sentimentos ou pensamentos íntimos.
Ex: Expandiuse contándome todos os problemas que tiña.
-
v pron
Gozar de distraccións e divertimentos.
Ex: É bo que se expanda que logo xa terá moito que traballar.
Palabras veciñas
exotopónimo | exotoxina | exp | expandir | expansibilidade | expansible | expansiónIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expando
expandes
expande
expandimos
expandides
expanden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expandía
expandías
expandía
expandiamos
expandiades
expandían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expandín
expandiches
expandiu
expandimos
expandistes
expandiron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expandira
expandiras
expandira
expandiramos
expandirades
expandiran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expandirei
expandirás
expandirá
expandiremos
expandiredes
expandirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expandiría
expandirías
expandiría
expandiriamos
expandiriades
expandirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expanda
expandas
expanda
expandamos
expandades
expandan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expandise
expandises
expandise
expandisemos
expandisedes
expandisen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expandir
expandires
expandir
expandirmos
expandirdes
expandiren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
expande
-
-
expandide
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles expandir
expandires
expandir
expandirmos
expandirdes
expandiren
expandida
expandidos
expandidas