Expansión

Expansión

Diario económico fundado en Madrid en maio de 1986 polo Grupo Recoletos. Editado por Jesús Martínez Vázquez e dirixido por Miguel Ángel Belloso Blázquez, inclúe información relativa ás empresas, ás finanzas e aos mercados. Ofrece datos de actualidade da industria nacional e internacional, e formula proxectos de investimentos. Na fin de semana inclúe o suplemento Expansión y Empleo, onde se analiza o mundo laboral, ademais doutra separata con seccións de ocio e cultura. Publica tamén unha revista económica mensual titulada Fuera de Serie. En febreiro de 2001 puxo en marcha unha edición especial dedicada a Galicia.