Exposición Compostelana, La

Exposición Compostelana, La

Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 2 de maio de 1858. Subtitulouse “Periódico semanal de intereses materiales, publicado bajo la dirección de la Sociedad Económica de Santiago”. Cesou o 3 de outubro do mesmo ano (nº14). Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xacobe Souto. Incluíu información para a mellora da agricultura, as artes e a industria; outra relativa á Exposición; novas de interese económico e administrativo; artigos e informes da Sociedad Económica, e disposicións das autoridades locais.