Expósito, Juan

Expósito, Juan

Mestre. Trasladouse á Coruña a comezos dos anos vinte onde colaborou na creación dun grupo anarquista, xunto con Pedro Monreal, e traballou na Escola laica de La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. No ano 1922, formou parte da delegación coruñesa na asemblea de constitución da Confederación Regional Galaica (CRG), onde defendeu as posicións anarquistas que rexeitaban os sindicatos únicos de rama ou industria. Nos inicios da Segunda República, tomou parte en numerosos actos de propaganda anarquista na cidade, e colaborou no semanario da CRG, Solidaridad Obrera, e na publicación anarquista Brazo y Cerebro. En 1934, trasladouse á parroquia de Sabadelle (O Pereiro de Aguiar) para exercer como mestre e dinamizador do agrarismo local. Coa Guerra Civil fuxiu a Bilbao, onde participou na redacción do xornal CNT del Norte e colaborou con outros anarcosindicalistas galegos refuxiados en Euskadi, na procura dunha Agrupación Confederal Galaica na capital vasca.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tudela de Duero