expositor -ra
expositor -ra
(< lat exposĭtōre)
-
adx e s
Que ou o que serve para expoñer, xeralmente moble con vitrina e estantes, ou instalación empregada para mostrar os produtos.
Ex: A carne estaba nunha neveira expositora. Os produtos mostrábanse nun expositor.
-
adx e s
Que ou quen exhibe algo nunha exposición.
Ex: As entidades expositoras figuran no catálogo da feira. Os expositores estaban satisfeitos cos resultados da mostra.
-
adx e s
Que ou quen interpreta, expón e declara unha teoría ou doutrina.
Ex: Foi un alumno expositor das ensinanzas do seu mestre. O expositor rematou a lectura do seu traballo.