extremidade
(< lat extremĭtāte)
-
s
f
Parte que está ao principio ou ao final dunha cousa.
Ex: Asenta as extremidades das trabes sobre as paredes.
-
s
f
-
[ANAT]
Apéndice dun animal, máis ou menos alongado, unido a unha parte máis robusta do corpo que adoita presentarse en número par e en posición simétrica, como é o caso de antenas, brazos ou alas.
-
[ANAT]
Apéndice do corpo dos vertebrados que serve para o desprazamento e para a prensión. Os vertebrados teñen dous pares de extremidades, un anterior ou torácico, e un posterior ou pelviano. Nos peixes teñen forma de aleta, das que parece que derivan as extremidades coas que andan os vertebrados terrestres. Unha extremidade consta dunha parte adherida á cintura, formada por un só óso longo, o úmero ou o fémur, un segundo segmento con dous ósos, o radio e o cúbito ou a tibia e o peroné, unha terceira parte bastante complexa, co carpo ou puño ou o tarso ou nocello, con tres filas de ósos pequenos e cunha gran variabilidade dun grupo a outro de vertebrados, e unha cuarta rexión, con cinco ósos, o metacarpo ou palma da man ou o metatarso ou planta do pé, e os cinco dedos cun número variable de ósos, chamados falanxes. Esta estrutura xeral presenta unha gran variabilidade morfolóxica, segundo o tipo de marcha do animal e o medio en que vive.
-
Pés ou mans no ser humano. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
[ANAT]