extremo -ma
(< lat extrēmu)
-
adx
-
Que está ao comezo ou ao final de algo.
Ex: O cabo extremo da rede enleouse.
-
[FILOS]
Aplícase, en lóxica, aos termos maior e menor dun siloxismo.
-
-
adx
Que está no lugar máis afastado con relación a un punto de referencia.
Ex: Colócao na parte extrema da mesa. Produciuse un grave conflito no Extremo Oriente.
-
adx
Que é moi grande ou moi intenso.
Ex: Demostrou unha alegría extrema ó vernos. O frío foi extremo este inverno.
-
adx
Que se leva ata o máis alto radicalismo, especialmente referido a ideas políticas.
Ex: Os manifestantes da extrema esquerda enfrontáronse coa policía.
Confrontacións: radical. -
adx
Que vai máis alá dos límites considerados normais ou razoables.
Ex: Tomaron medidas extremas para evitar as revoltas.
Confrontacións: radical. -
s
m
Punto polo que comeza ou acaba algo.
Ex: Cada un colleu a táboa por un extremo.
-
s
m
Lugar máis afastado con relación a un punto.
Ex: Déitate no outro extremo da cama que este é o meu sitio.
-
s
m
Límite ao que chega ou pode chegar unha cousa.
Ex: Os seus nervios chegan a un extremo que non se poden aturar.
-
s
[DEP]
Membro da liña de ataque dun equipo deportivo que ocupa a demarcación máis próxima ás bandas do terreo de xogo.
-
s
m
[MAT]
Punto dunha función onde hai un máximo ou un mínimo.
-
extremo cohesivo
[XEN]
Cada un dos fragmentos autocomplementarios de DNA de cadea sinxela, situados no extremo dunha molécula deste ácido.
-
extremo distal
[ARQUEOL]
Extremo dunha lasca que ocupa o lugar oposto ao talón ou extremo proximal. Xeralmente, no bordo distal está a parte activa da peza.
-
extremo romo
[XEN]
Cada un dos extremos que se orixinan nunha molécula de DNA cando un enzima de restrición corta o duplicado de xeito simétrico.
Frases feitas
-
En extremo. Moi ou moito.