Extremo Oriente, cuestión de
Extremo Oriente, cuestión de
Nome dado ao conxunto de problemas formulados pola penetración económica, política e militar de Europa e dos EE UU nos países do Extremo Oriente, en China, Xapón e Indochina. A mediados do s XIX o peche de América aos produtos europeos obrigou a Europa a buscar novos mercados en Asia. Polo Tratado de Nanquin (1842), o Reino Unido obtivo concesións comerciais en China, seguido despois por Francia, Alemaña e Rusia. Esta penetración tivo como consecuencia a repartición territorial de Indochina entre Francia e o Reino Unido e a transformación de Xapón en gran potencia.