Eysenck, Hans Jürgen
Psicólogo. En 1934 emigrou ao Reino Unido, foi profesor na Universidade de Londres (1950-1955) e, posteriormente, traballou no Maudsley Hospital de Londres. Interesado no estudo da personalidade, creou numerosos cuestionarios e tests, entre eles o Eysenck Personality Inventory (EPI, Inventario de personalidade de Eysenck, 1959), que avalía o neuroticismo e a extraversión. Interesouse tamén pola aprendizaxe e os problemas do comportamento. Fundou e editou unha revista de psicoloxía clínica dedicada á modificación da conduta (The Journal of Behavior Research and Therapy). Entre outras obras, publicou Dimension of Personality (1947), Fact and Fition in Psychology (1965), Know your own Personality (1975) e Decline and Fall of the Freudian Empire (1985).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso
Lugar : Londres