Ezquieta Llamas, Itziar
Artista plástica. Licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Vigo (1993-1998), cursou estudios de historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela. A súa obra parte da concepción da fisura e da liña como creadoras do espacio, coas figuras que nel se localizan, e do tempo. Entre as mostras colectivas nas que participou cómpre destacar a Mostra de Gravado Encre et bullets (Liexa, 1996), Visións de Futuro (Vigo, 1997), Novos Valores da Bienal de Pontevedra 1998, I Certame Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 2001) e Mulleres: entre os soños e a maxia (Pontevedra, 2002). Realizou exposicións individuais en Pontevedra e Santiago de Compostela. Entre outros galardóns recibiu a bolsa da Deputación de Pontevedra Novos Valores (1999) e o premio e a adquisición da obra na V Bienal Pintor Laxeiro (2001). A súa obra está presente, entre outras coleccións no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín e na Deputación de Pontevedra.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña